Formada por alumnado voluntario de 3º, 4º e 5º curso de Primaria.
Reunímonos dous recreos á semana para, dunha forma autónoma e cooperativa, disfrutar do mundo do teatro.
As nosas carcaterísticas principais son dúas:
1) TODO é falado, consensuado e votado en asamblea... dende o nome da compañía ata a obra que se decide representar.
2) Falamos galego.
Estamos sempre abertos a novas incorporacións e como entendemos que é una actividade voluntaria e de lecer, tamén as baixas poden producirse en calquer momento...
Organizámonos en equipos "profesionais": atrezzo, guionistas, actores e actrices, técnicos de son e luz, decoradoras e decoradores...
Aquí tedes a parte da Compañía Teatral. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario