19 decembro, 2013

Concurso literario de Nadal

     Para este Nadal, o equipo de Biblioteca, organiza para todo o alumnado de primaria un concurso literario.





     A historia deberá ser inventada, relacionada coa páxina do cartel e terá de título "BAIXO A SOMBRA DAS PEDRAS FLOTANTES". Asimesmo, deberá presentarse cunha portada onde aparecerá o nome e curso.

 A extensión da historia debe ser:
  • 1º Ciclo: Dez líneas mínimo.
  • 2º Ciclo: Unha carilla mínimo.
  • 3º Ciclo: Un folio mínimo.
Recomendamos unha visita á páxina "Ó outro lado do muro", unha fonte de inspiración.

16 decembro, 2013

O personaxe misterioso

Ola rapaces:

XA TEMOS GAÑADOR! Ben, a verdade é que temos  varios gañadores do concurso. Os dous grandes detectives de Xana son:

Arturo (4º A) e Raquel Sotelo (5º B).

Ámbolos dous descubriron o noso personaxe misterioso, que no é outro que o gran:

Francisco Javier Da Silva Irago, coñecido artisticamente como "Kiko Da Silva". (Preme no nome para coñecer máis sobre el)


Foto tomada da páxina dixital do xornal "Faro de Vigo"

10 decembro, 2013

O personaxe misterioso

       Aquí chega Xana cun reto para todos vós.

    Qué debes facer?

     Escribe nun papeliño o nome do personaxe e meteo na caixa do correo co teu nome, apelidos e curso (Poderás meter un papeliño por día).
 
     Premio.
 
     O gañador, ademáis de converterse no mellor detective Xana, colaborará cos mestres da Biblioteca na organización das actividades e axudaranos co blogue escolar.

09 decembro, 2013

Xa estamos aquí!

Xana
          Xana, dende a súa fraga, quere darvos a benvida e este novo espazo que nace para compartir e dar a coñecer as actividades e experiencias levadas a cabo no Centro.
 
           Unha viaxe chea de historias, que nos levaran a percorrer o extenso mundo de Xana e mergullarnos nas profundidades da súa máxica fraga.
 
           Un espazo para coñecer e participar; en definitiva, un espazo para VÓS.
 
 


Carlos Varela