24 decembro, 2014

BO NADAL

    Neste día tan especial para todos, o Equipo de Biblioteca e Extraescolares queremos desexar a toda a comunidade educativa unhas felices festas; desexando que o 2015 traía moita felicidade a todos.


A Arte: Somos Xanartistas! (creando o noso cadro)

   A útima semana antes de Nadal, os nosos xanartistas demostraron todo o aprendido durante o trimestre. Para demostralo, cada clase ou grupo de alumnos creo o seu propio  cadro!.


    XA SOMOS UNS PINTORES COMA JOAN MIRÓ!

16 decembro, 2014

A Arte: SomosXanartistas (Aprendendo con LOMARTI)

     O día 10 e 11 deste mes, recibimos a visita de "LOMARTI". Que mellor que o noso amigo para ensinarnos no último paso para converternos nuns auténticos artistas! Agradecer o seu tempo e paciencia para traballar con nós.

     O resultado foi inesperado, orixinal e unhas auténticas obras de arte!


10 decembro, 2014

A Arte: Somos Xanartistas! (Cores con Ritmo)

    O mércores pasado 3 de decembro os nosos aspirantes a xanartistas descubriron que todo o que lles rodea pode ter cor.  Ao longo destes días, aprenderon a descubrir os segredos dos cadros coa súa pel, a ver coa súa mente e hoxe ... aprenderon a transformar os son que chegaban aos seus oídos. 

 
    
   Escoitaron as diferentes músicas e puxéronlle cor con debuxos.  Unhas verdadeiras obras de arte! Aquí tedes o resultado.   


05 decembro, 2014

A arte: Somos Xanartistas! (Ollando co corazón)

    O pasado 26 de Novembro voltamos ao estudio de Joán Miro, desta volta para ollar cadros coa vista e co corazón, coa finalidade de que investigaran se a cor influía nas suas verbas, emocións e percepcións.

   Nos dous primeiros cadros cada un dos pequenos xanartistas, tiña que observar un cadro de Leandro Lamas e expresar con palabras o que lle viña á súa mente. E o máis importante!, creáronse unhas lentes máxicas para ver coa mente e o corazón.

Autor Leandro Lamas


  


Autor Leandro Lamas
                 http://www.wordle.net/delete?index=8372026&d=YKHM




   Nos seguintes cadros, tiñan que expresar que emoción ou sentimento lles transmite esas imaxes.

Autor Leandro Lamas

           
Autor Leandro Lamas
            



Autor Leandro Lamas
 

Autor Leandro Lamas

                    






   Ao remate, cada grupo na súa aula, relfexionou sobre as palabras, as sensacións das cores  e como inflúe na realidade das nosas percepcións. Realizando unha pequena proba cun cadro de LOMARTI, pintando o mesmo cadro con cores "cálidas", cores "frías" e todas as cores. QUEDOU MOI BEN!

5 anos B

        
 
3ºB

   
 
3 anos A

   

2ºB

   

   Aquí tedes un breve resumo.