26 febreiro, 2015

COMPAÑÍA DE TEATRO "SEN VERGOÑA"

            Neste curso 2014/15 comezou a andadura da nosa Compañía Teatral "Sen Vergoña"!
       
   Formada por alumnado voluntario de 3º, 4º e 5º curso de Primaria.

   Reunímonos dous recreos á semana para, dunha forma autónoma e cooperativa, disfrutar do mundo do teatro.

   As nosas carcaterísticas principais son dúas:

        1) TODO é falado, consensuado e votado en asamblea... dende o nome da compañía ata a obra que se decide representar.

        2) Falamos galego.

  Estamos sempre abertos a novas incorporacións e como entendemos que é una actividade voluntaria e de lecer, tamén as baixas poden producirse en calquer momento...

  Organizámonos en equipos "profesionais": atrezzo, guionistas, actores e actrices, técnicos de son e luz, decoradoras e decoradores...


Aquí tedes a parte da Compañía Teatral.

Concurso: Debuxa a Leandro Lamas!

     Á volta de Nadal os alumnos de Ed. Infantil tiveron o concurso de debuxo, como o curso anterior tiñan que debuxar a un artista: LEANDRO LAMAS. Creador duns cadro preciosos que usamos no Proxecto "A Arte: somos xanartistas!"


OS GAÑADORES SON:
  • 3 anos A: Alberto e Nerea A.
  • 3 anos B: Elena e Marta V.
  • 4 anos A: Laura e Pablo
  • 4 anos B: André,  Leonor e Mateo
  • 5 anos A: Piero e Victoria G.
  • 5 anos B: Candela e Daniel.

 
 

 
 

 

NORABOA! Pero realmente TODOS son uns artistas extraordinarios, mirade que debuxos!

 

Art-Entroido!

    Un curso máis chega o Entroido ao Xoán de Requeixo, este ano máis ART-ENTRODIO xa que é a temática elexida. Aqui tedes unha pequena mostra das obras de arte que fixeron os nosos alumnos.



    O día non acompañou e tivemos que facer o noso desfile no pavillón, una mágoa; pero os nosos artístas o fixeron xenial!


19 febreiro, 2015

San Valentín


     Mirade que fotos mais orixinais e divertidas fixemos no noso fotocol de San  Valentín.


18 febreiro, 2015

Día da Paz

O pasado 30 de Xaneiro celebramos o día da paz, cada aula decorou previamente unha caixa forrada de papel branco ca que fomos construindo un muro pola paz, ademais cantamos a canción "a muralla" e alumn@s de 6º leron un manifesto pola paz.





11 febreiro, 2015

08 febreiro, 2015

II Concurso Literario de Nadal

     Reunido el Equipo de Biblioteca decidiu que os gañadores do concurso son:


      TODOS OS FINALISTAS SON OS NOSOS GAÑADORES, RECIBIRÁN UN AGASALLO DESPOIS DO ENTROIDO, esperamos que vos guste o que vos estamos a preparar.

NORABOA!

01 febreiro, 2015

Contacontos Kalandraka

     Este martes visitáronos, coma todos os anos, os nosos amigos de Kalandraka para contarnos uns contiños moi divertidos.




        Todos escoitamos e pasámolo en grande con grandes historias: "O sacapenas", "Tío lobo" e
"Once damas atrevidas"... que ben o pasamos!