12 marzo, 2014

Encontro con Kiko da Silva

   O martes de Entroido, tivo en Pontevedra un encontro co ilustrador e autor do noso concurso. Un home cercano e comprometido coa educación, á que mostra unha gran paixón e que non dubidou en colaborar con nós.  

  O equipo de Biblioteca, acordou como mellor premio posible, o libro en banda deseñada de "Fiz". A dificultade de atopar os libros na nosa provincia en pouco tempo, propiciou a posibilidade suxerida polo propio Kiko, de ter un encontro. Dese xeito non so teríamos os exemplares, senón que ofrecíase a dedicalos, unha oportunidade que aceptamos se. Fomos testemuñas dunha asombrosa paciencia e amor cara os seus lectores.

Dedicatoria ao CEIP Xoán de Requeixo, libro para o Centro



    En agradecemento, o coordinador da Biblioteca en nome do Centro, aproveitou a ocasión para entregarlle en persoa un agasallo moi especial: un marco feito cos debuxos dos nenos de Educación Infantil gañadores do concurso "Debuxa a Kiko da Silva". Gustoulle moito o traballo dos nosos pequenos artista!


     Un encontro inesquecible, que deixa a porta aberta a súa axuda en futuros proxectos. Moitas grazas Kiko.