25 novembro, 2014

Concurso: Cadros Artísticos

    Un curso máis, aínda que vendo o voso nivel non agardabamos menos, quedamos abraiados e coa boca aberta por todos os cadros de arte marabillosos que creástedes. Estamos moi agradecidos pola vosa participación e implicación e por iso non queremos que ninguén quedara sen  recoñecemento, expresado en forma de diploma con todo o noso agarimo.


     Ao igual que no concurso de cabazas, tamén queremos premiar a TODOS. Unha vez máis pedimos paciencia para agardar pola vosa sorpresa (algúns un pouco máis grande), pero insistir que de seguro que vos merece a pena agardar.

A Arte: somos Xanartistas! (O reto de "LOMARTI")

     O día 20 de novembro levamos a cabo unha nova aventura, neste caso os nosos xanartistas tiñan un reto moi difícil, imitar un cadro do noso autor amigo LOMARTI, de entre os que se presentaban.

     Quedamos abraiados do traballo e talento dos nosos artístas, coseguírono marabillosamente.


23 novembro, 2014

O Magosto

     O pasado 14 de Novembro celebramos o Magosto no  colexio con teatro, xogos e castañas.

22 novembro, 2014

A arte: somos Xanartistas! (O estudio de Joan Miró)

     O pasado xoves 13 de novembro, tivo lugar o comenzo da nosa viaxe para converternos en Xanartistas. Tivemos moita sorte!, veu o gran Joan Miró a visitarnos e contarnos un fermoso conto: "O cadro máis bonito do Mundo", e axudounos a ser uns auténticos artistas.



   Pasámolo xenial creando os nosos cadros coas cores de Joan Miró!

21 novembro, 2014

O personaxe misterioso

   Un ano máis temos uns detectives moi bos, xa deron co nome do noso amigo deste curso; a súa identidade é "Juan José López Martínez", coñecido no mundo artístico como "LOMARTI". Un gran artísta moi polifacetico na súa obra.

Coñece a LOMARTI
Preme para coñecer a LOMARTI

   As nosas gañadoras son: 
  • Sara R. (2ºB)
  • Aída R. (2ºB)
  Ambas recibirán próximamente un agasallo e quizáis unha sorpresiña.... je je

20 novembro, 2014

Ímos ao teatro!

     Este 14 de novembro, recibimos a visita ao noso centro, da compañía de teatro "Matapiollos"; todos puidemos disfrutar da obra "A rebelión dos monicreques".



12 novembro, 2014

Concurso de Cabazas

   Este ano pensabamos que a creatividade, imaxinación e capacidade de producir obras maestras non podería superar o curso anterior, pero este curso o Equipo quedou abraíado da calidade das cabazas presentadas.

   Debido a esta situación, este ano tomouse a decisión de premiar a TODOS OS PARTICIPANTES cun diploma.


     Ademáis, TODOS recibiredes unha sorpresa que cremos vai ser do voso agrado, o único que pedimos é paciencia xa que será case ao remate do curso; merece a pena agardar.

11 novembro, 2014

A arte: Somos Xanartistas!

     Esta semana poñemos en marcha o noso proxeto anual da Biblioteca e Extraescolares. Ao longo do curso iremos vendo como van os nosos xanartistas!

O Personaxe Misterioso

     Un ano máis Xana presentanos a outro amigo e un novo desafío para todos vós, sere quen de adiviñar o noso personaxe misterioso?



    Qué debes facer?

     Escribe nun papeliño o nome do personaxe e meteo na caixa do correo co teu nome, apelidos e curso (Poderás meter so un papeliño por día).

     Premio.

     O gañador, ademáis de converterse no mellor detective Xana, recibirá unha boa sorpresaao final.

01 novembro, 2014

Samaín 2014

   Una ano máis chegou un terrorífico Samaín á escola.




    Dende o Equipo de Extraescolares e Biblioteca organizouse o tradicional concurso de cabazas relacionadas coa temática elixida e .... MENUDOS ARTISTAS TEMOS! Aqui poderedes ver as marabillas que trouxeron.


     Se ata saímos en Televinte.



    Este ano a proposta para traballar o medo na aula foi a través do conto: Fiz, o colecionista de medos (Fina Casalderrey) da editorial OQO. A propia editorial realizou unha curta destop-motion.