25 novembro, 2014

Concurso: Cadros Artísticos

    Un curso máis, aínda que vendo o voso nivel non agardabamos menos, quedamos abraiados e coa boca aberta por todos os cadros de arte marabillosos que creástedes. Estamos moi agradecidos pola vosa participación e implicación e por iso non queremos que ninguén quedara sen  recoñecemento, expresado en forma de diploma con todo o noso agarimo.


     Ao igual que no concurso de cabazas, tamén queremos premiar a TODOS. Unha vez máis pedimos paciencia para agardar pola vosa sorpresa (algúns un pouco máis grande), pero insistir que de seguro que vos merece a pena agardar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario