28 febreiro, 2014

Dedicatorias de San Valentín

    Estas foran algunhas das moitas mensaxes de San Valentín.



Moitas grazas a todos por participar!

17 febreiro, 2014

Concurso Literario de Nadal

   Nesta semana, despois de moitas deliberacións, daráse a coñecer os gañadores do Concurso literario de Nadal.  Os finalistas son:
  • 1º CICLO
- Paula Parente González (1ºB): "Baixo a sombra das pedras flotantes"
- Carlos López Lagos (2ºA): "Baixo a sombra das pedras flotantes"
- Lucía Taboada Martínez (2ºB): "Baixo a sombra das pedras flotantes"
  • 2º CICLO
- Carlos Ulloa Fernández (4ºB): "Baixo a sombra das pedras flotantes"
- Brais Vázquez Rodríguez (4ºB): "Baixo a sombra das pedras flotantes"
  • 3º CICLO
- Carmela (6ºA): "Os Elfos perdidos"
- Paula C (6ºA): "O Portal"

    Desculpade pola tardanza e agradecemos a vosa espera.

12 febreiro, 2014

Chega SAN VALENTÍN!

   Chega San Valentín!, unha data especial que a todos nos gusta, por iso desde a biblioteca animámovos a escribir.


10 febreiro, 2014

Festival de Nadal 2013

   Xa temos o vídeo do Festival de Nadal 2013!. Debido ás características do noso Centro e o salón de actos, o festival dividímolo en dous: un realizado polos alumnos de Ed. Infantil e outro polos alumnos de Ed. Primaria.

  Pasámolo moi ben e desfrutamos de panxoliñas, obras teatrais, bailes e poemas...




08 febreiro, 2014

Contacontos SM.

    O pasado 31 de xaneiro, tivemos outra sesión de contacontos, neste caso da editorial SM, para os alumnos de Ed. Infantil e 1º e 2º Ciclo de Primaria.

    O contacontos contounos unha fermosa historia: "Martiño", coa que pasamos un bo rato nenos e mestras.

07 febreiro, 2014

Día da Paz

   O alumnado do Centro celebrou o 30 de xaneiro o día da Paz. O tempo non nos acompañou e tivemos que facelo no pavillón da escola e non ao aire libre como era o noso desexo.


   Os diferentes cursos realizaron nunha cortolina, na aula, un anaco dunha pomba que decoraron con estilo libre. Despois todos xuntos cantamos unha fermosa canción: "Los niños quieremos la Paz" de María del Carmen Molina y Rivero. A mestra de Ed. Musical ensaiou cos nenos e saiu moi ben.


   Tamén tivemos a visita de Televinte, a cadena local de Chantada, que emitiu a noticia xunto co CEIP Eloísa Rivadulla.



05 febreiro, 2014

Contacontos Kalandraka

   O pasado 28 de xaneiro recibimos a visita dos contacontos de Kalandraka, Patricia e Alex, que estiveron contando unhas historias marabillosas aos nenos e nenas de 1º Ciclo de Primaria. Os rapaces disfrutaron dos contos:

  •  Mamá.
  • Boas noites, Bufo!


  •   Donde viven os mountruos.


    Aquí tedes unhas imaxes: