27 xuño, 2014

Bo verán!

    O Equipo de Extraescolares e Biblioteca, quere desexarvos:

Plan Proxecta: "Un conto con vida"



     Neste curso escolar, o Equipo de Biblioteca decidiu realizar un proxecto dentro do Plan Proxecta: Nós tamén creamos! Un programa da Consellería de Política Lingüística en colaboración coa editorial OQO e a CRTVG, no que o obxectivo éa realización dunha curtametraxe por parte do alumnado a partir dun libro, co fin de dar a coñecer o mundo audiovisual e a súa linguaxe.

     Como este ano, as actividades ían enfocadas á temática do ZOO, o libro escollido foi: "A vaca Condesa." Finalizado o proceso de creación e gravación da curtametraxe, que levou dende novembro ata maio; presentouse a curtametraxe ao concurso da CRTVG, donde a pesar de non gañar, o Centro recibiu a noraboa e unha especial mención á orixinalidade e creatividade na realización de personaxes. (MENCIÓN)

         Dende a Consellería pedíusenos expoñer a nosa experiencia en Santiago na xornada de formación do profesorado, oportunidade que non rexeitamos:


     A curta podese ver na páxina infantil da TVG, xunto ás outras realizadas polos diferentes centros. 

http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/ceip-xoan-de-requeixo-a-vaca-condesa
Dalle ao cartel paraver a curtametraxe

Día das Letras Galegas 2014

   Dende o Centro celebramos o día das Letras Galegas adicado este ano a Xosé María Díaz Castro.

  O Equipo de Biblioteca realizamos un concurso de debuxo, no que o alumnado debía debuxar ao noso autor. Recibimos auténticas obras de arte.





   Os gañadores dun pequeno agasallo foron:

Noa 4 anos B           
Arturo Salvador 3º A
María R 6º B

26 xuño, 2014

Día do Libro

   O 23 de abril, o equipo de biblioteca e extraescolares, celebramos o día do libro con dúas actividades do máis diversas:

 1.- Leva un conto ao Zoo.

      Cada alumno do Centro, elexiu o conto da biblioteca que máis lle gustou e a razón pola que nos recomendaban levalo ao noso Zoo.





2.- Un conto entre todos.

   Os contos da Biblioteca están moi ben, pero tamén gozamos moitos cos nosos propios contos; e iso, é o que fixemos, cada día so nenos de primaria ían inventando un trociño da conto ata rematalo, mentres os neniños de infantil o ían debuxando.





    Como premio aos máis pequeniños polo esforzo e traballo realizado, decidimos darlle un pequeno agasallo a cada aula.
     






25 xuño, 2014

Entroido 2014

   Este ano, como a temática era o ZOO, decidimos crea un no Centro. Ao final saíronos unhs animaliños moi simpáticos e fermosos.


   Despois do desfile, todos degustamos uns saborosos postres típicos, preparados polos pais e nais do Centro.