19 marzo, 2015

Entrega de premios Nós Tamén Creamos!

     O pasado día de 6 Marzo o alumnado participante no Plan Proxecta "Nós tamén creamos!" coa curta "A vaca Condesa", desprazouse ata Padrón á entrega de premios do certamen. Alí recibiron uns premios pola mención acadada e disfrutaron dunha pequena festa, sendo ademáis convidados a visitar a "Casa da Matanza", a casa museo de Rosalía de Castro. 

     Recollimos un diploma acreditativo, unha fermos bolsa con libros e un DVD para a Biblioteca e a CTRVG agasallounos cunha TV que enviarán ao Centro.

     Aquí tedes un pequeno resumo!


     Na páxina da Xunta apareceu a noticia, ata saímos na CRTVG e nos periódicos!
A foto correcta é esta.
A noticia contén erros, a editorial é OQO
 

     NORABOA AOS NOSOS NENOS POLO TRABALLO!

01 marzo, 2015

A Arte: Somos Xanartistas! (Roteiro Sorpresa)

     O pasado venres os alumnos do proxecto realizaron por "SORPRESA" un roteiro a cargo da asociación local VELAÍSCA. O obxectivo, realizar unha introdución ao mundo da escultura e amosar aos alumnos a riqueza neste ámbito que hai na localidade. Aquí tedes unha pequena mostra:





       As escultura vistas foron:





    Aquí tedes a noticia do informativo local: