29 maio, 2015

Carta.

    Estimados amigos:

   Como responsable dá Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Xoán de Requeixo, gustaríame darvos a TODOS as grazas por visitar a nosa exposición dos traballos realizados polos nosos alumnos.

    De xeito moi especial a todos aqueles que de palabra ou escribindo no noso libro de visitas, amosaron o seu cariño, ánimos, bos desexos e loanzas. Para min (o meu equipo seguro que tamén) fainos sentir, se cabe, aínda máis orgullosos do traballo, dedicación e ilusión amosada polos alumnos; porque eles son os verdadeiros artífices do seu éxito.

    Só me queda decirvos de novo GRAZAS.

    Un cordial saúdo.

    Jesús

19 maio, 2015

A Arte: Somos Xanartistas! (Inaugurando a exposición)

     O pasado 11 de maio pola mañá, os Xanartistas saíron da escola cara a Casa da Cultura, a inaugurar a exposición de arte que amosa os seus traballos.


     Alí recibiunos o alcalde de Chantada D. Manuel Lorenzo Varela, que adicou unhas palabras e realizou xunto cos alumnos a inauguración; quedou moi soprendido polos traballos realizados e gustoulle moito, deixando a súa opinión no libro de firmas.


     Tamén os medios locais interesaronse pola exposición, o cal sempre é motivo de satisfación para nós, pois é unha nova oportunidade de sentirnos orgullosos do noso alumnado e familias.



    Agardamos sexa do voso gusto. GRAZAS POR VISITARNOS!

07 maio, 2015

A Arte: Somos Xanartista! (EXPOSICIÓN)

    Dende o Equipo de Biblioteca e extraescolares queremos invitarvos a todos á exposición de traballos na Casa da Cultura de Chantada.

AS FAMILIAS GAÑADORAS, teñen nesta exposición o seu premio. Agardamos que a espera merecese a pena e vos guste.